Política de privacidade


Esta web é do Grupo de Innovación Docente Academ-IA: Intelixencias Artificiais en Educación, da Universidade de Vigo. A través do formulario de contacto recollemos o nome, o enderezo de correo electrónico e o contido da mensaxe co único fin de responder ás consultas e xestionar as actividades do grupo.

Os datos non se ceden a terceiros, agás obriga legal. A web está aloxada en WordPress.com (Automattic), que pode tratar datos técnicos de navegación como parte do servizo.

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a xabier.rolan@uvigo.gal, e presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

Para a información xeral sobre protección de datos da institución, consulta a política de protección de datos da Universidade de Vigo.