Grupo de Innovación Docente · Universidade de Vigo

Intelixencias artificiais en educación

Fomentamos o uso e, ao mesmo tempo, o pensamento crítico sobre a intelixencia artificial en todo o ámbito educativo, desde a educación primaria ata a superior, co foco posto na docencia universitaria.

Logotipo de Academ-IA: birrete de graduación con circuítos

Que facemos

Cinco obxectivos

01

Estratexias innovadoras

Deseñar e desenvolver estratexias para implantar a intelixencia artificial en todos os niveis de ensino, partindo da contorna universitaria.

02

Investigación

Analizar o uso actual da IA no ámbito educativo nacional e internacional para xerar novas ideas e propostas.

03

Formación

Capacitar docentes e estudantes no uso e manexo de ferramentas baseadas en intelixencia artificial.

04

Alianzas

Establecer colaboracións con institucións educativas e empresas tecnolóxicas para proxectos conxuntos de investigación e aplicación.

05

Avaliación

Facer o seguimento dos proxectos e estratexias implantados para coñecer o seu impacto e eficacia.

Recursos abertos

Software e formación

Software

Verificador Multi-IA, Anonimizador e MiniBarra para Word: ferramentas abertas, con DOI en Zenodo e código en GitHub.

Formación

Cinco itinerarios de videotutoriais: primeiros pasos, IA en local, investigación, audio e podcast e verificación.

Actualidade

Últimas novas

Colaboras connosco?

Buscamos alianzas con docentes, centros e empresas para investigar e aplicar a IA na educación.