O congreso IACOM reuniu en Astorga, os días 25 e 26 de setembro de 2025, investigadoras e investigadores sobre intelixencia artificial e comunicación.
Jesús Pérez Seoane, Juan Manuel Corbacho Valencia e Xabier Martínez Rolán defenderon a comunicación A revolución da IA na docencia: unha análise bibliométrica das tendencias e aplicacións (2023-2025), que revisa como evolucionou a investigación sobre o uso da IA no ensino desde a chegada da IA xerativa.
Os materiais derivados da comunicación publicaranse en acceso aberto no espazo virtual da Universidade de Vigo.

