Software


Ferramentas abertas desenvolvidas por membros do grupo para a docencia e a investigación: verificación con IA, anonimización de documentos e utilidades de edición. Todas están publicadas en Zenodo, con DOI, e en GitHub.

CHROME · V1.1 · 2026

Verificador Multi-IA

Extensión para Chrome que permite verificar información seleccionada en calquera páxina web enviándoa a varios modelos de linguaxe cun prompt que incorpora perspectiva de xénero e análise de nesgos. Software libre (licenza MIT) desde a versión 1.1. Tamén dispoñible para Firefox.

Martínez-Rolán, Dafonte-Gómez, Míguez-González, Corbacho-Valencia, Piñeiro-Otero, Castro-Souto e Padilla-Castillo

MACOS E WINDOWS · V1.0.1 · 2026

Anonimizador

Aplicación de escritorio para macOS e Windows que anonimiza documentos (.docx, .pdf, .txt, .md) de forma totalmente local, sen enviar datos a servizos externos. Detecta e substitúe datos persoais con Microsoft Presidio e modelos de spaCy. Pensada para preparar manuscritos para revisión cega, anonimizar transcricións e datos cualitativos e facilitar o cumprimento do RXPD.

Martínez-Rolán

MACOS · V1.2.1 · 2026

MiniBarra para Word

Utilidade para macOS que mostra unha barra flotante de formato sobre o texto seleccionado en Microsoft Word, ao estilo de Word para a web. Axiliza a edición de documentos académicos e docentes.

Martínez-Rolán

Queres aprender a usar a IA xerativa? Consulta os itinerarios de Formación.