Do 19 ao 22 de maio de 2026, Pontevedra acolleu o X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), baixo o lema «Comunicar en la incertidumbre».
Juan Manuel Corbacho Valencia e Xabier Martínez Rolán presentaron a comunicación «Vibe coding» para verificación con perspectiva de género en internet: diseño y prototipo de una extensión de Chrome, que explora como a programación asistida por IA permite a docentes e estudantes construír ferramentas propias de verificación.
O traballo enlaza dúas liñas do grupo: o uso da IA xerativa como apoio á creación de ferramentas e a alfabetización mediática con perspectiva de xénero.

